HomesociedadeNa Casa do Curro de Pantón habilitaranse 4 vivendas sociais

Na Casa do Curro de Pantón habilitaranse 4 vivendas sociais

O Concello de Pantón vén de adxudicar as obras de acondicionamento e mellora da Casa do Curro para convertela en vivendas sociais; tamén se adxudicaron obras en Vilamelle.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras da Casa do Curro teñen un investimento de 260.000€, 160.000€ corresponden á Xunta de Galicia e os 100.000€ restantes ao Concello, darán como resultado 4 novas vivendas nesta zona de entrada a Ferreira. As actuacións que desenvolve a empresa Contratas Pérez, xa comezaron e teñen un prazo de execución dun ano, polo que en decembro do vindeiro ano terían que estar rematadas.

Aprobouse tamén a adxudicación a Explotaciones Medioambientales da obra do colector de Vilamelle. Esta obra financiada íntegramente polo concello con 113.000€ comezará próximamente e permitirá dar servizo a todo o núcleo de Vilamelle. Despois de estas obras farase a pavimentación de Vilamelle, unha obra de 62.500€ para recuperar todos os camiños e que tamén executará Explotaciones Mediomabientales.

“Estas obras en Vilamelle veñen a completar actuacións como as que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade financia nas parroquias de Santiago de Castillón, San Vicente de Castillón e Santo Estevo do Mato, co obxectivo de dotar de rede de abastecemento de auga potable a 240 veciños de 26 núcleos destas parroquias”, lembra o alcalde, José Luis Álvarez, quen tamén anuncia a licitación da obra do camiño municipal de Ribas de Sil a Opaga por 21.000€.

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...