HomesociedadeA Deputación prepara a terceira tempada de Coñece a túa provincia

A Deputación prepara a terceira tempada de Coñece a túa provincia

Nas bases queda recollido que para o ano 2023 a Deputación ofertará un máximo de 3.036 prazas repartidas en dous períodos: un na primavera, entre os meses de marzo e xuño, para os que haberá ata 1.794 prazas; e outro no outono, entre os meses de setembro e decembro, durante os que ofrecemos 1.242 prazas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aproba as bases para poder lanzar o vindeiro ano 2023 a terceira edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia. A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, sinalou que a institución provincial prepara xa unha nova tempada desta iniciativa “ante o enorme éxito que tiveron as dúas edicións anteriores, nas que participaron máis de 4.500 persoas”.

Lembrou García Porto que este programa da Deputación está dirixido a asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia e consiste en viaxes gratuítas, en pequenos grupos, dunha xornada de duración por diferentes puntos da xeografía lucense seguindo diversas rutas polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico.

“Esta é unha das medidas que puxemos en marcha neste mandato co obxectivo de incentivar o turismo de proximidade, a hostalería e o comercio local, que son un dos motores importantes da nosa economía”, subliñou a voceira provincial.

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación das bases reguladoras da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...