HomesociedadePanadería Pallares faise co concurso de escaparates do comercio de Sarria

Panadería Pallares faise co concurso de escaparates do comercio de Sarria

A iniciativa desenrolouse entre os días 21 e 26 de decembro, días durante os que varios escaparates competiron nas redes sociais de ACES.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Panadería Pallares recibe o diploma de gañadores do VI Concurso de Escaparates de Nadal da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (ACES). Participaron cos seus escaparates os seguintes establecementos: “Atmosfera Sport, Brissa Salón, Cafetería El Parisien, Colorín Colorado, Calzados Gayoso, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Estanco Gallego, Joyería Díaz, Juguetería Don Dino, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Panadería Pallares, Sabrina Moda, Santamarta, Trece Tablas Store e Zaida moda infantil y juvenil”. 

Os escaparates que máis “Me gusta” lograron foron o da Panadería Pallares, un total de 165; seguidos do escaparate do comercio “Calzados Gayoso”, e en terceiro lugar o de “Trece Tablas”.  A entrega do diploma ao comercio gañador contou coa presencia do presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria, Ricardo Arias.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...