HomesociedadeNovo coche patrulla para a Policía Local de Monforte

Novo coche patrulla para a Policía Local de Monforte

Este venres presentouse o novo vehículo destinado á Policía Municipal de Monforte destinado a solventar as necesidades das patrullas deste corpo de policía, no seu traballo diario de servizo á cidadanía de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O automóbil novo adquirido polo Concello é un vehículo Patrulla P-1, modelo Hyundai Tucson tipo SUV, eléctrico híbrido de gasolina, de 5 portas e 5 prazas, con carrocería acristalada de cor branca, rotulado co logotipo do Concello e demais indicativos oficiais, e equipado segundo a normativa oficial e seguindo as directrices da unidade policial monfortina.

“Adquirímolo seguindo as directivas europeas que avalan os criterios de compra pública verde, o noso obxectivo é implantar medidas que conduzan a reducir os niveis de contaminación, dentro dos parámetros marcados pola denominada Transición Enerxética. Por iso, eliximos un vehículo adaptado ás necesidades da nosa plantilla da Policía Municipal e que á vez sexa respectuoso co medio ambiente”, sinala o alcalde, José Tomé.

Este novo vehículo engádese ó parque móbil municipal, actualmente formado por dous vehículos tipo utilitario, un todoterreo, un furgón de atestados e unha moticicleta.

O novo vehículo foi adquirido polo Concello, mediante renting a 4 anos, por un importe de 45.941,28 €. Na súa adquisición, o Concello aportou o 20% do custe, mentres que o 80% restante corresponde a unha axuda do Fondo de Cooperación Ambiental.

ÚLTIMAS

Moito que ver e facer na ‘Primavera de Portas Abertas’ da Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Como é habitual haberá Bus do Viño, con 4 saídas o sábado pola mañá desde a...

En maio comeza a renovación da N-540 entre Chantada e Lugo, segundo anunciou a subdelegada do Goberno

A obra abrangue a rehabilitación integral do firme entre os quilómetros 0,000 e 68,900...

Bóveda instala 54 trampas contra a vespa velutina

Neste mes de abril instaláronse 54 trampas ao longo de todo o municipio. Este...

Mesa redonda sobre biogás este 26 de abril en Currelos

A Asociación veciñal de Vilaesteba asegura que no Saviñao queren instalar unha central de...