HomesociedadeO goberno local de Sarria pide informes xurídicos sobre o caso do...

O goberno local de Sarria pide informes xurídicos sobre o caso do detective tras non recibir a documentación

O goberno local de Sarria solicitará informes xurídicos sobre as presuntas irregularidades cometidas polo concelleiro Benjamín Escontrela ao contratar un detective para investigar a varias traballadoras da Residencia de Anciáns Nosa Señora do Carme, despois de que expirase o prazo de cinco días concedido desde a Alcaldía para que presentase por rexistro a documentación acreditativa da prestación de dito servizo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo responsable da residencia, Félix Seijas, salienta que transcorridos os cinco días “nin Benjamín Escontrela ofreceu ningunha explicación sobre a finalidade de ditos contratos coa empresa InvestigaMás Detectives nin aportou os informes supostamente elaborados sobre as traballadoras, documentación que tampouco se atopou na residencia”.

Pola súa parte, o detective implicado tampouco achegou ningunha documentación, se ben en días pasados aseguran desde a Alcaldía que “contactou telefonicamente coa Alcaldía para informar de que fora entregada no seu día a Benjamín Escontrela como contratante do servizo e como persoa responsable da custodia deses informes.”

Seijas considera “sorprendente e reveladora” a actitude de Escontrela e advírtelle de que “se pensa que co seu silencio vai conseguir que se olvide un tema tan grave está moi equivocado, porque este goberno pensa chegar onde faga falta para esclarecer os feitos e que as traballadoras coñezan todo o sucedido”.

Seijas opina que “cada día que pasa sen dar explicacións convincentes, a sombra das irregularidades na xestión de Escontrela como responsable da residencia é aínda máis grande, polo que está a tardar en presentar a súa dimisión como concelleiro”.

“Que un gobernante decida gastar 17.887,50 euros públicos en investigar a traballadoras dun organismo que dirixe é, cando menos, cuestionable política e eticamente; que se salte os procedementos establecidos na Lei de Contratosdo Sector Público para realizar a contratación é moi grave; pero que nin sequera acredite que o servizo polo que pagou chegou a realizarse podería ser constitutivo dun
delicto con responsabilidades penais”, argumenta.

Pola súa parte, as traballadoras afectadas pola suposta investigación do detective solicitaron ao concello ter acceso aos informes elaborados sobre elas, petición que o goberno local “non pode atender actualmente ao descoñecer onde están eses informes, se foron entregados ou incluso se chegaron a ser realizados”.

Transferencia de 220.000 euros

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local aprobou unha transferencia de 220.000 euros á Residencia de Anciáns Nosa Señora do Carme para poder efectuar o antes posible os pagamentos das nóminas e as extras ás traballadoras.

Desde o goberno local agradécese especialmente “o excelente traballo realizado polos diferentes departamentos municipais nestas datas e que facilitaron esta solución a outro problema herdado da nefasta xestión de Benjamín Escontrela á fronte da residencia”.

ÚLTIMAS

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...