HomesociedadeChantada podería contar cun polígono forestal para gandaría

Chantada podería contar cun polígono forestal para gandaría

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, para coñecer as principais demandas e necesidades dos veciños desta localidade relativas ao agro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo destacou a Xunta, na xuntanza abordouse a posibilidade de implementar un polígono agroforestal para gandaría de porcino na parroquia de Sabadelle.

Sobre isto, González sinalou que a implantación deste tipo de polígonos permite pór en produción grandes áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que alcanzaron, co paso do tempo, un estado de abandono ou infrautilización, recuperando desta maneira unha actividade agrícola ou forestal na zona.

Tras a visita aos posibles terreos do polígono, o conselleiro acordou co alcalde enviar técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para estudar a viabilidade do mesmo e poder comezar cos traballos canto antes.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...