HomesociedadeO alumnado do IES A Pinguela aprende a salvar vidas

O alumnado do IES A Pinguela aprende a salvar vidas

O alumnado participa dunha conferencia/taller sobre RCP básica e utilización do desfibrilador, e como aplicar pequenas técnicas que todos os anos salvan vidas, como a maniobra de Heimlich.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Palacios, profesor ata hai uns meses de actividades acuáticas e socorrismo da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña e na actualidade profesorhonorario da UDC, tamén presidente de Banderas Azules de España, foi o encargado de impartir a actividade.

Tivo a colaboración do seu amigo Juan, veterano técnico de deportes de Molina de Aragón. Palacios abogou porque todos os cidadáns saiban realizar reanimación/resucitación cardiopulmunar básica, utilizar o sinxelo e automático desfibrilador, como o que ten o centro, e  como desobstruir as vías aéreas en caso de afogamento.

Palacios desfibrilador / IES A Pinguela

Todos os alumnos de 1º de Bacharelato e tamén de ciclos formativos aprenderon e practicaron todas esas maniobras que fan o noso entorno máis seguro para todos. “Agradecemos a Pepe Palacios a súa amizade e a permanente disponibilidade que permite que este sexa un taller que, a cargo dun dos maiores especialistas de España, desde hai una década podemos ofrecer ó alumnado do noso instituto”, sinalan desde o IES A Pinguela.

Palacios desfibrilador / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...