HomesociedadeMonforte abre o prazo para inscribirse no Entroido 2023 con 18.000€ en...

Monforte abre o prazo para inscribirse no Entroido 2023 con 18.000€ en premios

O Concello de Monforte vén de aprobar as bases que regulan as actividades do Entroido deste ano 2023, polo que as persoas interesadas poden inscribirse xa nos concursos de Xoves de Compadres, Xoves de Comadres e Martes de Entroido.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición de 2023, o Concello destina 18.000 euros en premios. O primeiro dos eventos festivos programados para o Entroido monfortino é o concurso do Xoves de Compadres, que se vai celebrar o 9 de febreiro. Unha semana máis tarde, o 16 de febreiro, a cidade do Cabe acollerá outra das citas imprescindibles destas datas, o Xoves de Comadres. O Desfile de comparsas e disfraces do Martes de Entroido realizarase o 21 de febreiro, e ó día seguinte, mércores 22, terá lugar o Enterro da Sardiña.

Tanto para o concurso do Xoves de Compadres como para o de Comadres, a Concellería de Cultura de Monforte ten previstas tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursará na Praza de España.

Á hora de decidir os gañadores teranse en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración, o interese etnográfico e a crítica social. Cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación. Tanto no caso do Xoves de Compadres como no de Comadres, os premios para cada unha das convocatorias son os seguintes:

Individuais 1º premio: 75 euros 2º premio: 50 euros Accésit: 25 eurosColectivos 1º premio: 120 euros 2º premio: 95 euros Accésit: 50 eurosOutros premios -Premio á etnografía: 125 euros -Premio á crítica social: 125 euros

As solicitudes para inscribirse no concurso do Xoves de Compadres terán que presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica. O prazo para facelo rematará o mércores 8 de febreiro ata as 14 horas. No caso do Xoves de Comadres, xa está tamén o prazo aberto e o último día para inscribirse é o mércores 15 de febreiro ata as 14 horas.

Martes de Entroido: desfile de comparsas e disfraces

O día grande do Entroido en Monforte será o martes, 21 de febreiro. O derradeiro día para poder inscribirse neste concurso será o 16 de febreiro ata as 14 horas. O Concello establece dúas modalidades claramente diferenciadas: unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte e outra para disfraces e comparsas de fóra da cidade.

A diferenza estará na contía dos premios, de tal xeito que o primeiro premio para as comparsas de máis de 90 compoñentes pode chegar ós 1.100 euros e no caso das que sexan de fóra ascenderá a 400 euros. Haberá premios de 125 euros para a mellor comparsa tradicional, para a mellor posta en escena, a mellor música en vivo, o mellor humor e a mellor crítica de actualidade.

O desfile de comparsas e disfraces comezará o 1 de marzo ás 17:00 h na praza da Estación.

ÚLTIMAS

Foliada Guímara este venres en Fornelas

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón co obxectivo...

Oferta pública de ciclos para o novo curso no IES A Pinguela

O IES A Pinguela informa estas semanas da oferta de ciclos para o vindeiro...

Ciberseguridade e delitos informáticos, temas centrais das Xornadas Xurídicas de Sarria

Este mércores 12 de xuño celebrábase a inauguración das XVII Xornadas Xurídicas Román García...

‘Patacón de Abadía’, tapa gañadora do Chantapas 2024

Tras tres días de Chantapas, desde o venres 7 ao domingo 9 de xuño,...