O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 62 operarios, 24 máquinas quitaneves con saleiro, 8 pick up con saleiro e cuña quitaneves, e 8 vehículos todoterreo de apoio. Así mesmo, os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.
A Deputación de Lugo mantén activo o dispositivo que puxo en marcha esta noite ante a previsión de nevaradas. As estradas do centro-sur da provincia afectadas polo temporal de chuvia e neve son as seguintes:
Folgoso do Courel: LU-P-1301, de Seoane de Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Ferreira do Incio; LU-P-4501, do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos a Courel e acceso a Meiraos; LU-P-4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes a Folgoso do Courel; LU-P-4505, de Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro por A Seara e Ferramulín ao límite provincial; e LU-P-5601, de Samos ao Courel e ramal a Santa Mariña.
Quiroga: LU-P-5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por A Seara e Ferramulín ao límite provincial; LU-P-5002, de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor; e LU-P-5005, de Alto de Aldriz a Vilar de Lor.
Samos: LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte Lóuzara a Praducelo; LU-P-5601, de Samos a Courel e ramal Santa Mariña; LU-P-1306, de Megoxe á Ferrería do Incio; e LU-P-5605, de Parada, por Santalla a Ponte Lóuzara.
Desprendemento en Quiroga
Os técnicos da Deputación de Lugo traballan para despexar a estrada provincial LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por A Seara e Ferramulín ao límite provincial, no concello de Quiroga. Unha vez librada farase unha avaliación técnica e económica dos danos por parte da institución provincial. A vía sufriu na noite do luns o desprendemento da ladeira da montaña por motivo das fortes choivas. Este suceso arrastrou varios vehículos e provocou o risco de caída dunha vivenda. Non se produciron danos persoais.