HomesociedadeReabertas todas as estradas provinciais tras o temporal

Reabertas todas as estradas provinciais tras o temporal

A institución provincial despexou a vía de Folgoso do Courel que une O Poio, por Louzarela e Teixeira, á de Samos ao Courel e acceso a Meiraos, tras un corte puntual provocado polas intensas nevaradas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo despexa todas as estradas provinciais tras o traballo realizado polos dispositivos despregados para paliar os efectos do temporal. Tras un corte parcial o xoves da vía LU-P-4501, do Poio, por Louzarela e Teixeira, á de Samos ao Courel e acceso a Meiraos, o operativo despexou a vía realizando un importante traballo debido á dificultade provocada pola gran cantidade de neve acumulada.

En Quiroga reabriuse a LU-P-5004, que a comezos de semana sufriu un desprendemento da ladeira da montaña. Agora, unha vez liberada, farase unha avaliación técnica e económica dos danos por parte da institución provincial.

A Deputación incrementou o mércores os medios mobilizados no operativo que activou para facer fronte ós efectos do temporal ata chegar a un total de 74 traballadores, 24 máquinas quitaneves, 11 pick up con saleiro e cuña quitaneves, 8 vehículos todoterreo de apoio e un medio mecanizado para mover as árbores de gran tamaño que foron derribadas polo temporal sobre as vías.

ÚLTIMAS

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...

Activación da rede de nova xeración 4G e 5G e atención de incidencias que afecten á sinal da TDT

Nos vindeiros días terá lugar a activación da rede de nova xeración 4G e...

O Mercado de Nadal de Quiroga péchase con éxito e pénsase na continuidade

Este Mercado de Nadal, organizado polo Concello de Quiroga coa colaboración da Asociación de...