HomesociedadeMonforte, primeiro concello do sur de lugo que conta cun 'parque sen...

Monforte, primeiro concello do sur de lugo que conta cun ‘parque sen fume’

'Parques sen fume' é unha iniciativa que impulsa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade para estender a prohibición de fumar aos espazos públicos ao aire libre. Foi presentada o pasado 18 de xaneiro no Concello da Estrada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte é un dos dezaoito primeiros concellos de Galicia –e o primeiro do sur de Lugo– que contan xa cun ‘parque sen fume’, espazo de lecer ao aire libre no que estará prohibido fumar.

A iniciativa está impulsada pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, aprobouse en novembro do pasado 2022 no Consello da Xunta e a súa presentación oficial tivo lugar o pasado 18 de xaneiro na Estrada.

Bota a andar, pois, a bautizada como ‘rede de parques sen fume’ sendo a intención da Consellería ir sumando espazos en todos os concellos de Galicia. Polo de agora, son 18 concellos os que se adheriron, un deles o de Monforte escollendo este como espazo libre de fume de tabaco o Parque da Compañía.

ADHESIÓN DOS CONCELLOS

A Consellería incentiva a adhesión á rede de parques sen fume facilitando de balde aos concellos o material necesario para a sinalización do espazo de lecer exterior público que estes escollan. No caso de que estes municipios dispoñan de máis parques serán eles mesmos os que se encargarán de informar cales son e de poñer a correspondente sinalización.

Porén, os concellos da rede comprométense a facer labor informativo e de concienciación sobre os prexuízos do tabaco e os beneficios de non fumar.

O Conselleiro, Julio García Comesaña, sinalou na presentación desta acción que “o programa de parques sen fume é herdeiro do de Praias sen fume, activado no ano 2016”.

ÚLTIMAS

Publícanse as axudas para a conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra

As persoas que se poderán beneficiar destas axudas serán aquelas viticulturas que estean inscritas...

Éxito do Voleibol e do Atletismo Cross, novidades nas Escolas Deportivas Municipais de Chantada

Nesta edición destaca o éxito de dúas actividades para nenos e nenas, o Voleibol...

O PP de Monforte interesarase no pleno pola “legalización” do Parque do Hospital

Ante esta situación, a voceira popular en Monforte, Katy Varela, explica que no vindeiro...

José Luis Álvarez sobre o 2025: “Teremos finalizada a residencia e teremos un novo centro médico a 50 metros do actual”

O Concello de Pantón remata o ano cunha bandeira colgada do balcón da Casa...