Homesociedade“A Administración Cerca de Ti” chega este mes a 6 concellos do...

“A Administración Cerca de Ti” chega este mes a 6 concellos do sur da provincia

Persoal da Subdelegación do Goberno visitará, cos seus equipos tecnolóxicos, os Concellos de Bóveda, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Quiroga, Sober e Pantón. Nestes municipios os funcionarios ensinarán ás persoas interesadas a relacionarse coa Administración de forma dixital, resolverán dúbidas e tramitarán, entre outros, o Certificado Dixital, imprescindible para moitas xestións e que só se pode tramitar na presenza física da persoa que o solicita.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A Administración Cerca de Ti” é un programa do Ministerio de Política Territorial, en colaboración coa FEMP, enmarcado nas políticas de reto demográfico para avanzar na eliminación da fenda dixital e na cohesión social e territorial.

Tras os dous primeiros meses, a “A Administración Cerca de Ti” chegou a 38 municipios da provincia, nos que os Certificados Dixitais e darse de alta no Sistema Cl@ve foron as xestións máis demandadas pola cidadanía.

Na zona centro sur da provincia chegouse xa co programa a: O Páramo, Paradela, Láncara, O Incio, Samos, Tricastela, Folgoso do Courel. En total, 59 municipios de menos de 8.000 habitantes acollerán xornadas da “Administración Cerca de Ti” na provincia. Actualmente, a Administración Xeral do Estado ofrece a posibilidade de realizar de xeito dixital a maior parte das xestións e das comunicacións cos seus departamentos. Dende trámites básicos como as prestacións, o pago de impostos, permisos de condución, aboamento de taxas públicas, solicitudes de axudas ao estudo ou certificados de vida laboral, ata a solicitude de subvencións, que en moitos casos só se pode xestionar telemáticamente.

Programación

As próximas sesións programadas pola Subdelegación do Goberno para presentar a “A Administración cerca de Ti” son:

CONCELLODATAHORA
FriolLuns, 23 de xaneiro10:15 horas
PortomarínLuns, 23 de xaneiro12:45 horas
A Pobra do BrollónMartes, 24 de xaneiro10:15 horas
BóvedaMartes, 24 de xaneiro12:45 horas
Ribas de SilMércores, 25 de xaneiro10:15 horas
QuirogaMércores, 25 de xaneiro12:45 horas
SoberXoves, 26 de xaneiro10:15 horas
PantónXoves, 26 de xaneiro12:45 horas

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...