HomesociedadeA Policía Local de Sarria controla os microchips dos cans e a...

A Policía Local de Sarria controla os microchips dos cans e a recollida dos excrementos

A Policía Local de Sarria iniciou este mércores unha campaña informativa e de sensibilización entre os propietarios de cans sobre a obrigatoriedade de identificación das súas mascotas cun microchip e tamén acerca da recollida dos excrementos cando os pasean pola vía ou espazos públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A finalidade desta iniciativa é promover hábitos cívicos e responsables entre os propietarios das mascotas, fundamentalmente para evitar que os transeúntes atopen excrementos nas beirarrúas. A primeira fase da campaña será explicativa e de control, “máis adiante poderanse impoñer sancións aos infractores de acordo co establecido na Ordenanza Municipal de Medio Ambiente”, sinala o concelleiro de medio ambiente, Pedro López.

Ao respecto, lembra que esta norma municipal establece que as persoas que paseen cans polas vías e espazos públicos, ademais de levalos atados e, dependendo da perigosidade potencial do animal, con bozo, deberán levar obrigatoriamente unhas bolsas para a recollida e limpeza dos excrementos. A ordenanza tamén sinala que no caso de que as dexeccións queden depositadas nas beirarrúas ou noutras zonas destinadas ao tránsito peonil, a persoa que conduza o animal deberá proceder á súa limpeza inmediata e, debidamente empaquetada, depositala en papeleiras ou contedores de lixo.

En canto ás sancións que determina a citada ordenanza, o feito de non levar bolsas para a recollida dos excrementos dos cans está considerado unha infracción leve, que podería sancionarse cunha multa de 100 euros; o feito de non proceder á limpeza dos excrementos dos cans está tipificado como unha sanción grave, que se sancionará cunha multa de 200 euros; e a reincidencia en dúas faltas graves será considerada unha falta moi grave, pola que se poderán impoñer sancións de 300 euros.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...