HomesociedadeO 18 de marzo volven a Quiroga os Cantos de Taberna

O 18 de marzo volven a Quiroga os Cantos de Taberna

Para que se leve a cabo esta actividade precísase un mínimo de seis grupos musicais e que cada grupo conte cun mínimo de cinco integrantes. Outra das novidades será que se entregarán 150 € a cada grupo participantes para que gasten nos establecementos aos que acudan, os establecementos participantes pola súa banda, comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta recuperación da música tradicional que chega á súa sexta edición celebrarase o sábado, 18 de marzo, e xa se abre o prazo para que os grupos interesados en participar se inscriban.

Unha vez aberto o prazo de inscrición, a organización poñerase en contacto cos establecementos hostaleiros da vila que queiran participar para no prazo dun mes pechar o número de establecementos participantes. Os grupos terán un prazo máis amplo, pois a súa inscrición gratuíta estará aberta ata o 13 de marzo na Casa da Cultura (tfno 982.43.51.25.).

En cantos ás bases non hai novidades. Está previsto que antes do comezo se reúnan os grupos participantes para darlles o itinerario do recorrido, a actuación en cada establecemento roldará a media hora e rematarase sobre a media noite cunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona dos pubs.

ÚLTIMAS

Activados os permisos para queimas agrícolas, de particulares e restos forestais

Dende este xoves pasado, quedan activadas as solicitudes para permisos de queimas de particulares,...

Outono e Nadal teatral en Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil fixo pública a súa programación de teatro --aficionado e...

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...