Homesociedade930.000€ para as rutas fluviais pola Ribeira Sacra que comezarán en...

930.000€ para as rutas fluviais pola Ribeira Sacra que comezarán en primavera

A institución provincial está xa a preparar a nova tempada deste servizo para que as embarcacións comecen a operar cara a primavera.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno vén de aprobar a renovación do encargo á empresa pública Tragsa da prestación do servizo de rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra para o ano 2023, por un importe de preto de 930.000€.

A voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, explicou que nesta ocasión o encargo a Tragsa inclúe a posta a punto das embarcacións, a súa revisión e reparación integral, para o que será preciso sacar os barcos da auga. “O obxectivo é que os catro catamaráns que xestiona a Deputación estean en perfectas condicións, e cumpran con todas as garantías de calidade para o inicio da tempada”, mellorando así, afirmou, “a seguridade e a comodidade dos viaxeiros en ruta, e ofrecendo un mellor servizo”.

Tragsa, medio propio da Deputación de Lugo dende finais do 2019, xa se ocupou das rutas en catamarán durante o pasado 2020, 2021 e 2022, “con resultados satisfactorios. Así o avalan os datos que nos deixan cada tempada as rutas. Sen ir máis lonxe, o pasado ano 2022 máis de 50.000 persoas desfrutaron da Ribeira Sacra dun xeito único, como é o que ofrecen estas viaxes fluviais”.

As rutas fluviais

A Deputación de Lugo ofrece a través deste servizo dúas rutas fluviais pola Ribeira Sacra: a Ruta Fluvial Canón do Sil, que parte do embarcadoiro da Deputación Ponte do Sil, e a Ruta Fluvial Cabo do Mundo, que parte do embarcadoiro de Belesar.

A do Canón do Sil é unha travesía de dúas horas na que operan dúas embarcacións cunha capacidade total de 159 prazas: 107 no catamarán Mencía e 52 no monocasco Canón do Sil. En canto á Ruta Cabo do Mundo, ten capacidade para 72 viaxeiros. Ademais, a institución provincial contará cunha cuarta embarcación a punto, no caso de ter que reforzar o servizo.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...