HomesociedadeA Xunta inviste 400.000€ na mellora do colexio Rosalía de Castro de...

A Xunta inviste 400.000€ na mellora do colexio Rosalía de Castro de Bóveda

A Xunta de Galicia acaba de investir preto de 400.000€ na mellora arquitectónica e de dotación de servizos do colexio CEIP Rosalía de Castro de Bóveda, é “un claro exemplo da aposta educativa do Goberno galego polo rural”, segundo salientou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, durante unha visita ás instalacións acompañado polo delegado autonómico en Lugo, Javier Arias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A intervención máis destacada é a obra de mellora arquitectónica, que supuxo un investimento de preto de 260.000€. Nesta liña procedeuse á substitución das carpinterías da fachada posterior e lateral, con 29 novas ventás, reformáronse os aseos e instaláronse falsos teitos e iluminación LED. Todo isto redunda directamente nunha mellora do confort para o conxunto da comunidade educativa así como en aforro no consumo enerxético.

Así mesmo, o colexio de Bóveda é un dos dez da provincia de Lugo nos que se instalou unha pista multideporte, cun orzamento de preto de 71.000€ cofinanciada entre Xunta e Concello ao abeiro da liña de axudas habilitada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para este tipo de infraestruturas seguindo as especificidades do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

Nesta liña, estas novas instalacións deportivas dos centros teñen un dobre uso: de carácter educativo durante o horario lectivo e aberto a todos os veciños o resto do tempo. “Preténdense, deste xeito, promover unha vida sa entre o alumnado e permitir a práctica de, candomenos, cinco deportes, nun mesmo espazo polifuncional”, explicou o conselleiro.

A terceira das intervencións neste centro foi a dotación dunha nova aula de conduta, equipada para atender ao alumnado con necesidades específicas de atención educativa,  cun orzamento de en torno a 48.000€.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...