HomesociedadeAlumnos de 2º ESO do IES A Pinguela participan en Lanzarote...

Alumnos de 2º ESO do IES A Pinguela participan en Lanzarote dun encontro de Centros Educativos

O IES A Pinguela solicitou e logrou participar no programa do Ministerio de Educación e Formación Profesional “Agrupación de Centros Educativos”, xunto co IES Las Salinas de Arrecife (Lanzarote), IES La Marina de Santa Cruz de Bezana (Cantabria) e o IES Valle del Segura de Blanca (Murcia).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concesión supón a realización de mobilidades de todos os centros ós restantes institutos da agrupación durante este curso e o próximo polo alumnado de 2º ESO. O proxecto titulouse “Diversidad Medioambiental y uso sostenible del agua en nuestras comunidades”. As localidades anfitrionas están nas 4 esquinas de España e pertenecen a territorios con distintas necesidades dun recurso tan necesario como é a auga.

Acaban de realizar o primeiro encontro en Lanzarote, a onde o alumnado de Monforte levou un traballo sobre os ríos e cultivos da Ribeira Sacra e se fixo unha posta en común cos dos demais institutos. Recibiron información sobre a moita sede que se pasou en Lanzarote no pasado e como as maretas e alxibes foron imprescindibles para abastecerse ata que se instalou a primeira desalinizadora nos anos sesenta do pasado século, o que permitiu aumentar a produción agrícola e sobre todo o turismo que visita a illa desde aquela. Recibiron tamén explicacións de como funciona a ósmosis inversa e os principios físicos nos que se basea, e recorreron a illa comprobando como a utilización das cinsas volcánicas permite obter cultivos en lugares tan difíciles.

Aproveitaron para confraternizar cos dos outros centros e xuntos coñeceron os Jameos del Agua, Cueva de los Verdes, a Fundación César Manrique, Salinas de Janubio, El Golfo e Charco Verde, a Geria, o Parque Nacional do Timanfaya, montaron en camello, coñeceron a música popular lanzaroteña, a xogar á petanca e practicaron loita canaria, foron ó Cabildo insular, ó Xardín de Cactus…

“Unha viaxe tremendamente formativa na que crearon lazos que consolidarán na próxima viaxe a Cantabria a finais de marzo. No seguinte curso 2023/24 recorreremos a Murcia e remataremos coa recepción en Monforte dos alumnos dos 4 centros. É un proxecto que estamos seguros será inolvidable para todos os participantes”, sinalan desde o IES Río Cabe.

IES A Pinguela en Lanzarote / IES A PInguela

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...