HomesociedadeCantos de Taberna no Saviñao

Cantos de Taberna no Saviñao

Serán este venres 18 de abril a partir das 18:00 h. e contarán con 10 grupos participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar Escairón nesta Semana Santa.

Tras a invitación do concello presentáronse un total de dez grupos para participar nas roldas que os levarán polos establecementos de hostalería local dende as 18:00 h. do venres 18 de abril. Esas formacións musicais tradicionais son as seguintes: A Tribo do Carballiño, Nubeiro Son Galego, Os Tarabelos do Saviñao, Os Rechouchíos, Trisqueles, Feitizo de PAu, Os da Viña do Marqués, Xílgaros de Lugo, Son do Mao e Os Trespés.

No que respecta aos locais acolledores dos Cantos de Taberna, son os seguintes: A Maruxa, Unión, Indalo, Os Campeliños, o Círculo Saviñao, O Rincón, Avenida, Moderno e O Noso Lar.

Ao remate haberá unha cea de familia para todos os grupos participantes e Foliada na Carpa que hai diante da Casa do Concello.

ÚLTIMAS

O ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’ consolídase como escaparate do sector vitivinícola

O pasado venres 3 de xullo comezaba no Paseo do Malecón o VIII Festival...

Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de...

Dous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo no Páramo

A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a...