HomesociedadeEste luns 6, ás 20h na praza de España de Monforte, concentración...

Este luns 6, ás 20h na praza de España de Monforte, concentración en protesta polo desmantelamento da sanidade

Desde Pladesapu insisten na importancia de que todo o mundo acuda a praza de España esta tarde, "É moito o que nos xogamos, o dereito a saúde é algo que non nos poden arrebatar, e defender o noso sistema público é algo que nos incumbe a todos".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte segue coas súas actividades para
concienciar a cidadanía da importancia de defender o sistema público de saúde. Despois da participación no pleno para solicitar a colaboración de todas as forzas políticas do consistorio local, as portavoces visitaron Onda Cero Monforte e Radio Principal Cadena Ser Monforte para incidir na situación que atravesa a atención especializada e sobre todo a atención primaria na zona sur da provincia.

Pladesapu insta á cidadanía a acudir á concentración convocada para este luns 6 de febreiro, ás 20h na praza de España de Monforte, para protestar contra o desmantelamento da sanidade no distrito, “que empeorou de xeito exponencial tras a perda da área sanitaria e centralizar todo en Lugo.”

ÚLTIMAS

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...

Chantada presume de espazos verdes para revalidar título no certame Vilas en Flor

O 14 de novembro celébrase en Carballo a entrega destes recoñecementos e o Concello...

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...