HomesociedadeSarria mellora a sinalización vial horizontal en máis de medio cento de...

Sarria mellora a sinalización vial horizontal en máis de medio cento de rúas

O Concello de Sarria comezou este martes os traballos de mellora da sinalización vial horizontal en máis de medio cento de rúas da vila, que incluirán o repintado das marcas na calzada e dos pasos de peóns, a sinalización das prazas de estacionamento reservadas para minusválidos, e a sinalización das zonas de carga e descarga, de ambulancias e para as paradas dos autobuses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


O concelleiro de Mobilidade e Ordenación do Tráfico, Félix Seijas, precisou que estas tarefas, que contan cun orzamento de 41.765 euros, prolongaranse durante días, “sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan”, polo que pediu desculpas ante as posibles molestias que se poidan ocasionar. Ademais, solicitou á veciñanza e aos condutores que respecten as indicacións dos axentes da Policía Local para facilitar o desenvolvemento dos traballos e minimizar a incidencia sobre o tráfico.

Esta mellora da sinalización vial desenvolverase nun total de 54 rúas, con tres niveis de actuación: no primeiro grupo atópanse 10 rúas (Rúa Liberdade, Rúa Nova, Rúa Gran Vía Alfonso IX, Rúa das Insuas, Rúa Xoán Montes, Rúa Pascual Veiga, Rúa Castelao, Rúa Pombal e Rúa Formigueiros) nas que se pintará a totalidade das marcas horizontais e dos pasos de peóns; no segundo grupo inclúense 29 rúas nas que se pintarán os pasos de peóns e as liñas da calzada; e no terceiro grupo están 15 rúas nas que só se pintarán os pasos nas zonas máis deterioradas.

Dentro do proxecto tamén se acometerá a instalación de bolardos a carón dos pasos de peóns máis perigosos coa finalidade de que os vehículos non poidan estacionar preto deles, o que permitirá mellorar a visibilidade e incrementar a seguridade.

O concelleiro de Mobilidade e Ordenación do Tráfico apelou á responsabilidade e precaución dos peóns para cruzar as rúas pedíndolles que o fagan polos pasos sinalizados, coa finalidade de minimizar o risco de atropelos. Ademais, lembroulle aos condutores que a velocidade máxima permitida nas rúas do centro urbano é de 30 Km/h.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...