HomesociedadeO 11 de febreiro, Día da Xuventude na zona recreativa do Chanto...

O 11 de febreiro, Día da Xuventude na zona recreativa do Chanto en Sarria

A zona recreativa do Chanto acollerá o vindeiro sábado, día 11 de febreiro, a celebración do Día da Xuventude organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia coa colaboración das concellarías de Xuventude e Cultura de Sarria e que incluirá preto dunha vintena de actividades e obradoiros de educación non formal dirixidos á mocidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde as 16.00 ata as 21.00 horas, na carpa de máis de 400 metros cadrados de superficie que instalará a Dirección Xeral de Xuventude desenvolveranse xogos e actividades relacionadas con oito áreas temáticas: gastronomía saudable (xogo educativo “Nutrivial” e showcooking), lecer educativo (futbolín burbulla, futbolín humano, tiro con arco e slack-line), punto de información sobre os programas de Xuventude, concienciación ambiental (o cambio climático, experimentos de fenómenos relacionados co cambio climático, a biodiversidade e as 3Rs da reciclaxe), igualdade de xénero (análise dos comportamentos de violencia ao azar e exposición sobre as relacións tóxicas), obradoiro de graffiti, habilidades para a empregabilidade (elaboración dun currículo creativo e preparación para as entrevistas de traballo) e dinamización do entorno (música ambiente e actuación da Asociación Cultural Meigas e Trasgos, ás 20.30 horas).

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...