HomesociedadeSimulacro de incendio no IES A Pinguela

Simulacro de incendio no IES A Pinguela

Este martes comezou a saír fume no edificio B do IES da Pinguela, para o simulacro houbo que evacuar á totalidade de alumnos e persoal docente e non docente do centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todas as persoas do edificio B foron desaloxadas ata a chegada de bombeiros e policías que, despois de comprobar que non había feridos, apagaron o “lume” con habilidade e destreza.

Simulacro de incendio / IES A Pinguela

“É unha boa práctica coa que cada ano pretendemos facer e divulgar educación cívica, de acordo co noso plan de autoprotección, e que nesta ocasión permitiu comprobar a efectividade dos equipos e persoal contraincendios do parque de bombeiros, seguimento que o alumnado non se quixo perder,” destacan desde o centro.

Simulacro de incendio / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...