HomesociedadeConferencia sobre o cancro infantil este 10 de febreiro en Chantada

Conferencia sobre o cancro infantil este 10 de febreiro en Chantada

A asociación Chantada Contra o Cancro organiza para este venres, 10 de febreiro ás 20:00 h. no Auditorio Municipal do Concello de Chantada a charla coloquido "O cancro infantil". O papel que xoga o equipo multidisciplinar dende terapia ocupacional, fisioterapia e logopedia nestas idades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No mes de febreiro hai dúas datas moi importantes relacionadas co cancro: o 4 de febreiro conmemórase o “Día Mundial Contra o Cancro” e o 15 de febreiro o “Día Internacional do Cancro Infantil” e por iso, este ano dende a asociación “Chantada Contra o Cancro” realizan unha charla sobre cancro infantil grazas á colaboración do equipo do “Centro Neurosinais” de Chantada. Terá lugar este venres, 10 de febreiro ás 20:00 h. no Auditorio Municipal de Chantada. A entrada é libre e gratuíta para calquera persoa interesada.

Con esta conferencia preténdese explicar como se pode axudar a un/ha neno/a e á súa familia, así como ao seu círculo próximo, dende o diagnóstico inicial ata o posible tratamento posterior, dende os eidos da terapia ocupacional, a fisioterapia neurolóxica e a logopedia. Tamén se resalta a necesidade de adaptar as actividades propostas ós gustos e intereses da/o nena/o e ás súas características persoais, sendo o xogo un dos pilares da intervención.

A charla céntrase máis nas idades infantís e xuvenís, pero este tipo de apoio tamén se pode facer en adultos de diferentes idades. A través de explicacións próximas e de exemplos, tanto o equipo multidisciplinar do “Centro Neurosinais” coma de “Chantada Contra o Cancro”, queren achegar esta información que pode ser de moito interese para as familias.

Neurosinais é un centro específico de neurorehabilitación e neurodesenvolvemento para a poboación adulta e infanto-xuvenil. Atópase en Chantada achegando ao rural terapias especializadas, integrais e personalizadas co fin de capacitar aos usuarios e os seus familiares para acadar unha mellor calidade de vida. As profesionais que van impartir esta conferencia-coloquio son:

   – Sandra Rodríguez Cortiñas: directora do centro, terapeuta ocupacional e especialista en terapia acuática. Conta con experiencia e formación en neurorehabilitación en adultos e atención en poboación infantil con alteracións no procesamento sensorial.

  – Lucía Fernández Fernández: fisioterapeuta especialista en neurorehabilitación. Ten experiencia en xeriatría e formación específica en rehabilitación neurolóxica e exercicio terapéutico en poboación adulta e infanto-xuvenil.

  – Paula Piñeiro Guimeráns: logopeda especialista en atención temperá con experiencia en neurodesenvolvemento infanto-xuvenil e formación específica en rehabilitación neurolóxica en adultos.

  – Laura Pateiro Méndez: logopeda con experiencia e formación en atención temperá e neurorehabilitación en poboación adulta e infanto-xuvenil.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...