HomesociedadeInteresante charla sobre prevención de afogamentos no IES A Pinguela

Interesante charla sobre prevención de afogamentos no IES A Pinguela

O encargado de impartila foi José Palacios Aguilar, persoa que, entre outros cargos, é responsable de Bandeiras Azuis de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Palacios Aguilar, doutor honorario da Universidade da Coruña –da que foi profesor–, presidente da Asociación de Educación Ambiental, coordinador do Grupo Internacional de Actividades de Prevención e Socorrismo e responsable de Bandeiras Azules de España, volveu ao IES A Pinguela de Monforte para impartir a conferencia “Prevención dos afogamentos e servizos de socorrismo. Unha inversión en vida”.

Palacios insistiu nos perigos do medio acuático e na enorme cantidade de afogamentos que se producen cada ano, incluso entre expertos nadadores, coma sucedeu cun dos campións do mundo de natación. Avogou por mellorar a inversión en socorristas, unha inversión en vida, e tamén na educación pública para realizar campañas con información sobre afogamentos como se fai coas da DGT para a prevención de accidentes de tráfico.

O conferenciante co alumnado. Foto: IES A Pinguela.

Tamén informou sobre o significado das bandeiras das praias, da necesidade de manter a calma diante dun problema e de chamar ao 112. Por último, deu consellos moi prácticos que todos deberíamos seguir antes de entrar na auga para evitar imprudencias e falecementos.

A charla está enmarcada dentro das actividades que desenvolven no centro de ensino monfortino e que avalan o seu certificado de calidade ‘Sello Vida Saludable’.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...