HomesociedadeRitmos circadianos, como a luz artificial afecta ao noso benestar

Ritmos circadianos, como a luz artificial afecta ao noso benestar

Os seres vivos contamos cun reloxo biolóxico interno que controla a produción hormonal, os ciclos de sono e vixilia, os niveis de alerta e temperatura,… provocando o que se coñece como ritmos circadianos. Os factores e elementos que alteran os ritmos circadianos inflúen directamente sobre o noso benestar.

Publicado o

- Advertisement -

Humanos, animais e plantas contamos cun reloxo interno que transmite ao resto do corpo o seu propio pulso, son os ritmos circadianos.  Os ritmos circadianos seguen ciclos de 24 horas, guiándose principalmente por estímulos de luz e escuridade e regulan as nosas funcións segundo esa luz. A luz, polo tanto, inflúe directamante sobre estes ritmos circadianos, afecta a cada célula, actuando no nivel máis básico do corpo.

Os seres vivos levamos milleiros de anos rexéndonos pola luz natural, os días e as noites. A interferencia que puido ter o lume como luz non é significativa, pero no século XIX, coa invención da lámpada incandescente, todo cambia; e en pleno século XXI a contaminación lumínica nas cidades é unha realidade. Se a esto sumamos que os seres humanos pasamos o 90% do tempo en interiores que requiren de iluminación artificial, atopámonos de frente coa dependencia que o ser humano ten da iluminación e comeza a ser necesario falar da calidade da luz que recibimos.

Iluminación vía / tydlucesled.com

A calidade da luz e a contaminación lumínica foron eixos centrais da Xornada Técnica sobre iluminación 4.0, que esta semana se desenvolveu en Ourense. O que foi o maior evento de iluminación urbana e técnica celebrado en Galicia, afondou na necesidade de camiñar cara unha nova cultura da luz, máis eficiente, fiable e acorde co ecosistema. O acto estaba organizado polo Comité Español de Iluminación.

Vicente Alonso Fernández, Enxeñeiro de I+D de Setga, abordou o tema da resposta tecnolóxica aos ritmos circadianos. Despois de explicar como a iluminación repercute nos ritmos circadianos, afectando ao noso humor, aos niveis de enerxía, á nosa produtividade,… destacou que, a pesar da contaminación lumínica xeral, a maioría dos proxectos de iluminación nas cidades e vilas fanse sen estudos lumínicos. Préstase atención ao número de luminarias, á potencia e á durabilildade, pero non á calidade da luz que se ofrece aos cidadáns, o ambiente de luz que se axeite máis aos ritmos circadianos. Aos ritmos circadianos dos seres humanos, pero tamén aos dos animais, “hai animais que cegan coa luz, outros que se ven atraídos por ela, hai animais que perden a noción do tempo con respecto ao que debería de ser o seu ciclo normal, ou os insectos que utilizan a luz da lúa como gps”, explicaba Vicente Alonso Fernández. No caso dos humanos a alteración dos ritmos circadianos pode desencadenar alteracións do sono, obesidade, depresión  e outro tipo de trastornos psicolóxico-emocionais.

Xornada Técnica Iluminación 4.0 / XdL

Todos os ponentes desta Xornada Técnica coincidiron en sinalar que o momento do cambio era agora. Non se trata só de dar luz, hai que saber como facelo buscando a calidade da luz e limitando a luz intrusa e para esto necesítanse estudos lumínicos que concreten as necesidades reais interferindo o menos posible no ecosistema.

ÚLTIMAS

Ampla axenda cultural para celebrar o ‘Día Internacional dos Museos’ na Rede Museística Provincial

Os catro museos da Rede Museística Provincial --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar...

Adxudicada unha obra de mellora para a LU-P-4702 na Pobra do Brollón

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo avanzou este pasado venres na contratación...

Quiroga solicita ante a Subdelegación do Goberno o arranxo inmediato da N-120

Segundo sinalan desde o Concello de Quiroga a N-120 está nun estado moi precario...

‘Os contos de lobicán’, teatro infantil e familiar en Monforte

A compañía REDRUM TEATRO presenta en Monforte de Lemos o espectáculo "Os contos de...