HomesociedadePéchase ao tráfico durante esta noite e mañá a rúa Ramón del...

Péchase ao tráfico durante esta noite e mañá a rúa Ramón del Valle Inclán en Monforte

O Concello de Monforte informa do corte de tráfico que se realizará nesta rúa os dias 16 e 17 deste mes, con motivo das obras de mantemento que Adif desenvolverá no paso a nivel que aquí hai.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A rúa permanecerá pechado oa tráfico de vehículos entre as 22:00 h deste xoves, 16 de febreiro, e as 22:00 h. do venres, 17 de febreiro. Se as obras son rematadas antes desta hora, procederase á reapertura de forma adiantada á hora prevista.

O tráfico na rúa Ramón del Valle Inclán cortarase no inicio desta na Florida, permitindo únicamente o paso de vehículos de residentes ata o paso a nivel en obras e á rúa Arosa. En sentido entrada, cortarase a altura da rúa Chamoso Lamas desviándose por esta con dirección Rioseco a circulación de turismos e vehículos lixeiros mentres que para os camións e tráfico pesado en xeral, o corte farase na glorieta da estrada LU-933 existente a altura da entrada da antiga planta de butano, e o itinerario a seguir será pola nova vía de acceso ao Porto Seco e desde este, pola rúa Juan Montes ata a rúa Morín. Todos os cortes estarán sinalizados.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...