HomePolíticaCamiña Sarria pide a dimisión de Escontrela tras os informes técnicos sobre...

Camiña Sarria pide a dimisión de Escontrela tras os informes técnicos sobre a contratación do detective

A dirección de Camiña Sarria esixe a dimisión de Benjamín Escontrela como edil da Corporación Municipal tras coñecerse os informes técnicos de Secretaría e Intervención que apuntan á posible comisión dos delictos de falsedade documental e malversación de fondos públicos, entre outros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os informes refírense tamén a diferentes incumprimentos da normativa contratual, laboral e de protección de datos, na contratación dun detective para “a investigación de feitos privados” de varias traballadoras da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.

Camiña Sarria considera que ditos informes son “demoledores” acerca do labor de Benjamín Escontrela como responsable da xestión da residencia entre 2019 e 2022 e “constatan a súa incapacidade como xestor público”.

En canto á contratación do detective, Camiña Sarria ve “inexplicable” que tanto Escontrela como o profesional contratado para investigar a varias traballadoras “non aportaran os informes realizados”, polo que apoiarán no pleno a remisión do expediente á Fiscalía e ao Xulgado, tal e como propoñen os técnicos habilitados nacionais, para dilucidar “a existencia ou non de ditos informes” e “as responsabilidades legais nas que poida incorrer Benjamín Escontrela segundo o caso”.

“A situación é moi grave, porque pasouse de criticar a idoneidade de destinar fondos públicos á contratación dun detective para investigar a varias traballadoras cuns fins pouco claros, a cuestionar se ese traballo polo que a residencia pagou 17.887,50 euros foi realmente realizado”, afirman desde a dirección do partido, ao tempo que manifestan a súa confianza en que “o resto de grupos políticos apoie esta proposta para que os órganos xudiciais diriman as responsabilidades que poida haber e aporten claridade ás traballadoras afectadas sobre a finalidade real da investigación e os resultados da mesma, se é que existen”

ÚLTIMAS

Este 3 de febreiro abre o prazo para solicitar a participación na XXII Feira Medieval de Monforte

As bases aprobadas este luns na Xunta de Goberno Local recollen o procedemento de...

O Porco Celta reivindícase en Sarria como motor económico do rural

A subdelegada participou na celebración da XVIII Festa do Cocido do Porco Celta, unha...

Por Chantada propón un plan para incentivar o alugueiro e garantir o acceso á vivenda

Desde o grupo lembran que o dereito a unha vivenda digna e axeitada está...

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...