HomesociedadeGabriel Losada Torres do IES A Pinguela na final da Olimpiada Española...

Gabriel Losada Torres do IES A Pinguela na final da Olimpiada Española de Bioloxía

O obxectivo das olimpiadas de bioloxía é fomentar os estudos relacionados coa área e promover o interese na investigación científica entre o estudantado do sistema educativo español.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Facultade de Bioloxía da USC acolleu a clausura da fase galega da XVIII Olimpiada Española de Bioloxía, un encontro convocado pola Asociación Olimpíada Española de Bioloxía (OEB) e o Colexio de Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) que conta colaboración das tres universidades públicas galegas, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a Dirección do Grupo de Traballo de Bioloxía da ABAU (CiUG) e a Inspección de Educación da Xunta de Galicia. 

Da cita participou o alumno do IES A Pinguela, Gabriel Losada Torres, de 2º de Bacharelato Ciencias, un dos 100 alumnos dos centros de Galicia que se clasificaron para a fase final. Gabriel conseguiu o primeiro premio, o que lle permitirá representar á comunidade galega na Olimpiada Española que se celebrará en Barcelona a finais de marzo.

“Felicitámolo polo éxito, e tamén ós seus profesores de Bioloxía de Bacharelato, Mónica e Pablo, polo bo traballo realizado!”, sinalan desde o centro.

Gabriel Losada Torres / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...