HomesociedadeO Valedor do Pobo pide á Consellería de Infraestruturas unha resposta á...

O Valedor do Pobo pide á Consellería de Infraestruturas unha resposta á regulación da velocidade na Abeleda

O Valedor do Pobo intervén no caso da regulación de velocidade na parroquia de Abeleda, no concello da Teixeira. Durante este verán, a través da Asociación Silamouras recolléronse 112 sinaturas que reclamaban medidas de seguridade vial en tramos especialmente concurridos, especialmente onde se proxecta a construción dun parque infantil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado mes de xullo, o citado escrito asinado pola veciñanza foi remitido ao Concello, sen recibir unha contestación do equipo de goberno municipal, polo que acudiron ao Valedor, Ángel Gabilondo.

A presidenta da asociación Silamouras e candidata de Podemos ás vindeiras eleccións, Mercedes Martínez, asegura que grazas á intervención do valedor, “en xaneiro o concello remitiu contestación na que comunicaba que o tramo solicitado dependía da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. O Valedor do Pobo agarda agora, despois de case dúas décadas de inacción autonómica e municipal, a contestación da Consellería que permita saber á veciñanza porque non existen pasos de peóns nin outras medidas de calmado de tráfico nesta travesía tan concorrida especialmente en tempada alta, xa que é o núcleo de poboación máis próximo ao embarcadoiro do catamarán da Ponte do Sil.”

Mercedes Martínez insiste, “a veciñanza dos núcleos rurais tamén temos dereito a que se reduza a velocidade nas poboacións. Desde que pedimos estas medidas na Abeleda, noutros lugares do concello, como Boazo, tamén o solicitaron e o concello xa colocou sinais reducindo a velocidade a 30 Km/h, sen que se arbitraran máis medidas. Consideramos que é un paso adiante, pero aínda insuficiente. Merecemos respostas e merecemos que o desenvolvemento turístico da Ribeira Sacra non se faga esquecendo á xente que vivimos nela.”

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...