Homesociedade"Familia, veciñanza e amigos fan que caldo saiba mellor", Francisco Almuíña na...

“Familia, veciñanza e amigos fan que caldo saiba mellor”, Francisco Almuíña na XXXI Festa do Caldo de Ósos de Taboada

Este ano o pregón da festa correu a cargo do poeta e intérprete de zanfona, Francisco Xabier Almuíña, Centos de persoas degustaron o caldo de ósos ofrecido pola hostalería local. Contábase con exposición e venda de produtos do campo e de derivados do porco como o lacón, o xamón, os queixos da Ulloa ou viño da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante toda a xornada, os restaurantes da localidade ofreceron menú único a base de caldo, costelas e postres típicos. A cita contou con demostracións de cociña en vivo a cargo do cociñeiro Álvaro Villasante. Contouse tamén con música e exposición de coches clásicos e das Fachas de Taboada.

Nos expositores, Supermercado Vilosa, Galletas Xianas e Panadería Darío foron premiados pola decoración dos seus postos para esta cita.

As autoridades e asistentes á Festa do Caldo de Ósos destacaron a calidade deste saboroso prato, que tradicionalmente se cociñaba nas casas na época da matanza. A súa receita e o xuntarse coa familia e amigos manténse xeración tras xeración. Citas gastronómicas como esta son claves para dinamizar a economía local a través das propias tradicións.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...