HomesociedadeOutlet de Inverno o 24 e 25 de febreiro en Sarria

Outlet de Inverno o 24 e 25 de febreiro en Sarria

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU Sarria, celebrará durante dous días, o venres 24 e o sábado 25 de febreiro a súa oitava edición do "Outlet de inverno".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante eses dous días, preto dunha trintena de establecementos de ACES participarán nunha campaña de grandes descontos organizada e promovida polo Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES, en colaboración coa Xunta de Galicia. O lugar escollido para celebrar esta actividade serán os propios comercios participantes, en horario comercial habitual de mañá e tarde. 

123 Escondite Inglés (puericultura), Atmósfera Sport, Barja Shoes, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorin c¡Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Electronova, Isabel Moda, Joyería Salgado, Lar de Menchu, Latas Pinturas y Hogar, Los Sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport Sarria, Moncho Moda, Peregrinoteca, Sabrina Moda, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida terán unha zona “Outlet“, con prezos “super-recortados” do excedente da tempada de rebaixas de invierno ou stock existente de tempadas anteriores.  

Os comercios participantes estarán identificados cun distintivo visible nos seus escaparates que incluirá un QR cun mapa onde estarán localizados todos os establcementos. A iniciativa ten como obxectivo principal impulsar e facer promoción do comercio de proximidade nun momento moi complexo para as vendas.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...