HomesociedadeA XLI Feira do Viño de Quiroga homenaxeará a viticultura heroica

A XLI Feira do Viño de Quiroga homenaxeará a viticultura heroica

Continúan as reunión da comisión organizadora para o avance da que será a XLI edición desta festa. A novidade anunciada polo coordinador da parte vitivinícola, Pablo González, centrarase na xornada anterior á fin de semana da feira, o venres día 7 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres, 7 de abril, será unha xornada na que se poñerá de manifesto a viticultura heroica. Pola mañá nunha mesa redonda aberta falarase sobre este tipo de viticultura. O embaixador do Cervim (Centro de Investigación, Estudio, Salvaguarda, Coordinación y Valorización de la Viticultura de Montaña) en Canarias, adegueiros das Illas Canarias e o adegueiro Pablo González, en representación da Ribeira Sacra, presentarán a forza, a tenacidade e a paixón con que viticultores/as traballan nas zonas que producen “Vins Extremes”, onde as condicións para producir viño son unha loita continua.

Pola tarde contarase cun “Túnel do Viño”, como matiza Pablo González, trátase dunha exposición de viños de varias rexións no que ademais de ver os viños poderanse probar. Para elo contarase cos alumnos do ciclo formativo de Servizos da Escola Belarmino Fernández Iglesias de Sober, que farán as funcións de sumiller. Expertos catadores realizarán unha cata a cegas con algúns dos viños participantes neste Túnel do Viño.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...