Homesociedade281.000€ para a renovación do pavimento na estrada Oural-Vilamaior

281.000€ para a renovación do pavimento na estrada Oural-Vilamaior

Comezan os traballos da renovación do pavimento nos sete quilómetros da estrada de Oural a Vilamaior. Actuación que se acometerá nun prazo aproximado dunha semana cun investimento de 281.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, visita o comezo dos traballos de renovación do pavimento nun treito de sete quilómetros da estrada municipal de Oural a Vilamaior. Esta actuación, adxudicada o pasado mes de outubro á empresa Probisa Vías y Obras conta cun investimento de 281.000 euros.

O proxecto inclúe tanto a limpeza e apertura de cunetas ao longo dos sete quilómetros, como a dotación dun novo pavimento (27.600 metros cadrados de aglomerado en quente) e o pintado da sinalización horizontal.

Con estes traballos complétanse os asfaltados realizados a finais da semana pasada na contorna do Centro Deportivo Saúde Sarria, na explanada do Chanto e na rúa das Ameneirizas.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...