HomesociedadeCSIF denuncia que a dirección do Hospital de Monforte elimine unha praza...

CSIF denuncia que a dirección do Hospital de Monforte elimine unha praza de técnico de laboratorio

CSIF asegura que a dirección do Hospital Público de Monforte de Lemos quere eliminar unha praza de técnico de laboratorio. A Central Sindical considera que a carga de traballo aumentou nos últimos anos, "polo que non é xustificable reducir persoal."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o sindicato, a vontade da dirección de eliminar esta praza de técnico de laboratorio nos póximos meses suporá precarización do traballo que redundará na perda da calidade asistencial aos pacientes.

CSIF acusa á dirección do centro de faltar á verdade cando argumenta que non hai a suficiente carga de traballo no servizo que xustifique o mantemento dese posto de técnico. Desde a Central Sindical aseguran que, segundo a información recibida directamente dos traballadores, “só as probas realizadas no laboratorio de Urxencias no últimos tres anos aumentaron en 300 aproximadamente, e o mesmo sucede nas distintas unidades do servizo, onde tamén medrou o traballo de forma considerable.

CSIF advirte á dirección que “reducir o persoal de 18 traballadores do servizo a 17, fará que un deles teña que facer os labores de dous postos á vez, o que redundará nunha perda da calidade asistencial dos pacientes”.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...