HomesociedadeO Círculo Saviñao saca o servizo de ambigú a concurso público

O Círculo Saviñao saca o servizo de ambigú a concurso público

A Directiva do Círculo Saviñao anuncia que, rescindido o contrato do servicio de ambigú, sácase de novo a concurso. As propostas deben presentarse antes do 12 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A duración do contrato será de dous anos, sendo prorrogados por períodos anuais se algunha das partes non o rescinde voluntariamente, previo aviso con tres meses de antelación ó vencemento, entendendo que, de non producirse dita denuncia, a renovación tácita do contrato opera por períodos anuais de data a data (O último arrendatario do servicio de ambigú foino durante os últimos 7 anos e o anterior durante 17).

Os beneficios, gastos e ingresos derivados da explotación do servizo ambigú son íntegramente do arrendatario, que deberá proceder á atención da sociedade en todos os seus locais e terrazas e colaborar no desenvolvemento das actividades culturais e recreativas do Círculo Saviñao.

A xunta directiva ponse á disposición dos interesados en requirir información das condicións do contrato de arrendamento do servicio de ambigú e aclarar as posibles dúbidas que puidesen existir sobre o mesmo.

ÚLTIMAS

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...

Activación da rede de nova xeración 4G e 5G e atención de incidencias que afecten á sinal da TDT

Nos vindeiros días terá lugar a activación da rede de nova xeración 4G e...

O Mercado de Nadal de Quiroga péchase con éxito e pénsase na continuidade

Este Mercado de Nadal, organizado polo Concello de Quiroga coa colaboración da Asociación de...