HomesociedadeSarria lidera o aumento do desemprego na zona centro sur durante o...

Sarria lidera o aumento do desemprego na zona centro sur durante o mes de febreiro

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO. LUGO valora moi positivamente o descenso do paro na zona sur ao descender en 52 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O paro diminuíu en 10 dos 12 concellos das 3 comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada. Os únicos Concellos nos que aumentou, foron Carballedo con 3 parados máis, Sober con 1 e Pantón con 7. O mellor comportamento deuse en Monforte con 22 parados menos e Chantada con 18.

Paro Zona Sur-Lugo, 2108 (-52)

  • Bóveda 37(-1)
  • Monforte de Lemos 960(-22)
  • A Pobra do Brollón 53(-5)
  • O Saviñao 120(=)
  • Sober 73(+1)
  • Pantón 97(+7)
  • Chantada 364(-18)
  • Taboada 89(-4)
  • Carballedo 63(+3)
  • Folgoso do Courel 46(-1)
  • Ribas de Sil 44(-5)
  • Quiroga 163(-9)

A comarca de Sarria presenta os peores datos de Lugo centro sur destacando a vila de Sarria con 13 parados máis que o mes anterior. Os mellores datos déronse no Concello do Incio con 4 parados menos e O Páramo e Láncara con 3 parados menos.

Paro Comarca Sarria 940(+2)

  • O Incio 43(-4)
  • Láncara 93(-3)
  • Paradela 22(=)
  • O Páramo 30(-3)
  • Samos 35(-1)
  • Sarria 698(+13)
  • Triacastela 19(=)

Foron os sectores Comercio e Hostalería os que mái emprego destruiron, sendo o sector Industrial, o que contribuíu ao mantemento, axudando a Construción.

O sindicato anuncia que denunciará ao Xulgado á Empresa Codisoil, por un despedimento que consideran sectario e dicriminatorio, “Non entendemos como actúan algúns empresarios do sector Hostalería despedindo a traballadores con 5 anos de antigüidade e sen a indemnización correspondente en Fraude de Lei,” aseguran.

ÚLTIMAS

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...

Activación da rede de nova xeración 4G e 5G e atención de incidencias que afecten á sinal da TDT

Nos vindeiros días terá lugar a activación da rede de nova xeración 4G e...

O Mercado de Nadal de Quiroga péchase con éxito e pénsase na continuidade

Este Mercado de Nadal, organizado polo Concello de Quiroga coa colaboración da Asociación de...