HomesociedadeA Asociación de Veciños de Parteme, en Quiroga, e a Deputación abren...

A Asociación de Veciños de Parteme, en Quiroga, e a Deputación abren vías de colaboración para mellorar servizos públicos

Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, no concello de Quiroga, xunto a membros da Federación de Asociacións Veciñais da Provincia de Lugo, mantiveron un encontro coa voceira socialista do Goberno provincial e responsable da área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A reunión enmárcase dentro dos contactos habituais que o Executivo mantén con representantes do tecido asociativo e do movemento veciñal da provincia para coñecer de primeira man as necesidades dos veciños e veciñas.

Entre as súas demandas, a asociación expuxo a necesidade de habilitar unha solución para que as ambulancias poidan chegar ó núcleo da aldea de Parteme. Reclamación que teñen presentado ao Concello, sen que ata o momento se teñan adoptado medidas. Pilar García Porto escoitou a exposición dos veciños e comprometeuse a estudar a situación, “que concorda coas grandes liñas de traballo que desenvolvemos en cooperación cos concellos, como son a aposta pola mobilidade e, dende logo, garantir que todos os veciños, vivan onde vivan, teñan acceso a unha atención sanitaria de igual calidade.

Piden tamén fosas sépticas, desaugadoiros –que na actualidade saen ao medio dun camiño público-, rozas, arranxo de rúas, abastecementos de auga potable para as casas, actualización da iluminación pública ou limpeza de camiños públicos. Esta situación que, explicaron, os levou xa a dirixirse á Valedora do Pobo para reclamar que o Concello lles dea resposta á vintena de escritos que lle teñen dirixido e que, de momento, non foron atendidos polo consistorio.

ÚLTIMAS

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...