HomesociedadeTouriñán será o pregoeiro da XLIII Feira do Viño de Amandi

Touriñán será o pregoeiro da XLIII Feira do Viño de Amandi

O Concello de Sober vén de facelo público aos medios este martes 7 de marzo. O evento terá lugar os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xosé Antonio Touriñán é un todoterreo da comedia e da interpretación. Coñecido polo dúo que formaban Nucha e Mucha, pola súa participación en programas da TVG como Tourilandia ou Land Rober, e tamén nos últimos tempos polos seus papeis como actor tanto en cinema como en teatro, considérase hoxe en día como un top do panorama artístico galego.

Dende o Concello de Sober lembran que xa estivo tempo atrás nunha Feira do Viño cun espectáculo a cargo do dúo “Nucha e Mucha, as Cantareiras de Ardebullo”, que fora enormemente aplaudido polo público.

Agora, veciñas e veciños, ademais de toda a xente que asista á XLIII Feira do Viño de Amandi, terán a oportunidade de velo de novo, pero esta vez en solitario e como pregoeiro do evento máis importante do ano para o Concello de Sober. A lectura do pregón será o día 2 de abril, domingo de Ramos, ás 13:00 h.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...