HomesociedadeO concello de Sarria concede licenza para a demolición dun bloque de...

O concello de Sarria concede licenza para a demolición dun bloque de vivendas na rúa Calexa

A Xunta de Goberno Local de Sarria acordou este mércores conceder licenza de obra á sociedade Inversiones Inmobiliarias Canvives S.A.U. para a demolición dun bloque inacabado de 48 vivendas, con sete alturas e 20 metros de fondo, na rúa Calexa, afectada polo BIC do Camiño Francés.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta demolición, na que a sociedade propietaria investirá máis de 274.000 euros,conta cos informes favorables da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. O alcalde, Claudio Garrido, salienta que “esta solución negociada é froito da boa predisposición ao diálogo por parte do goberno local e tamén da anterior propietaria do inmoble, Aliseda, pensando sempre no
interese xeral”.

Na súa opinión, con esta demolición á rasante da rúa eliminarase “unha mancha” no Camiño Francés despois de 15 anos de “gran impacto visual”, posto que este bloque conta con sete alturas e apenas está executado nun 35%. A orixe deste “problema urbanístico” remóntase ao 27 de decembro de 2007, cando a Xunta de Goberno Local concedera licenza de obra á sociedade Pralico S.L. para a construción dun edificio composto de soto, planta baixa, entreplanta e seis e sete plantas para un total de 68 vivendas, garaxes e trasteiros na rúa Frei Luis de Granada e na rúa Calexa.

Dito proxecto constaba de dous bloques independentes: o primeiro, con fronte á rúa Frei Luis de Granada (nº 14-18), que se atopa rematado, e o segundo, con fronte á rúa Calexa, cuxa construción quedou paralizada durante a crise, contando só coa estrutura, os cerramentos exteriores e a tabicaría interior. Este segundo bloque, ademais, atopábase en situación ilegal, posto que dita rúa está contemplada nas normas urbanísticas cun ancho de 21 metros, mentres que actualmente ten 10 metros e non consta no concello ningún proxecto de urbanización para poder dotala do ancho contemplado na normativa.

Esta demolición permitirá outorgar licenza de primeira ocupación ao bloque xa rematado de 20 vivendas na rúa Frei Luis de Granada.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...