HomesociedadePlantas de igualdade e manifesto no 8M de Monforte

Plantas de igualdade e manifesto no 8M de Monforte

O programa deste ano levaba a mensaxe “A igualdade non é flor dun día”, un chamamento a manter vivo o espírito do 8M durante os 365 días do ano para que a sociedade siga avanzando cara a igualdade real entre homes e mulleres tal e como manifestou a Concelleira de Muller e igualdade no manifesto que leu na mañá deste mércores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, a elección do lema ten un dobre simbolismo. Por  un lado, eleva a voz no día no que se producen máis actos e mostras de apoio á muller e á eliminación de todo tipo de discriminacións por cuestións de xénero, para destacar a importancia de manter prendida durante todo o ano a chama desta data. “Hoxe e sempre debemos cultivar a conciliación, a corresponsabilidade, o respecto… só así, alcanzaremos a meta, que é a igualdade”, asegurou a representante municipal.

Por outra banda, a mensaxe tamén pon en valor o traballo feito. “Se miramos atrás vemos que superamos importantes obstáculos, que a igualdade non é flor dun día, senón froito do esforzo de moitas xeracións ás que debemos tanto. Estamos máis preto, pero como sociedade temos a responsabilidade de seguir dando pasos cara adiante ata acadar o obxectivo. É a obriga de todas e de todos, seguir escribindo un presente e un futuro máis xusto”.

Manifesto no Día Internacional da Muller.

Tal e como é tradición, a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López Rodríguez leu o Manifesto pola igualdade na Praza do Concello acompañada polo Alcalde, José Tomé, varios membros do Grupo de Goberno e tamén membros da Corporación Municipal. No manifesto, Margarita López dixo que o 8M é un día para alzar a voz en defensa dun mundo máis xusto e manifestou o chamamento que se fai dende Monforte para manter vivo o espírito do 8M durante todo o ano porque a igualdade non é flor dun día.

Tal e como explicou a Concelleira debemos facer un traballo diario en todas as esferas da vida para combater a discriminación por cuestións de xénero e como recoñecemento ao esforzo que fixeron as xeracións pasadas ás que Margarita quixo lembrar en agradecemento pola súa loita. Aínda asi, tal e como afirmou, queda moita loita por facer e por eso invitou a os presentes a seguir esforzándose por conseguir unha igualdade real.

Para simbolizar a importancia de practicar a igualdade todos os días asociouse o lema a unha simboloxía relacionada coas flores, as plantas e as árbores transmitindo a necesidade de coidar, abonar e regar todos os días esta loita para que continúe medrando. Así repartíronse no propio acto entre a cidadanía varios exemplares de Plantas da Igualdade que levaron para ás súas casas co compromiso de coidalas, do mesmo xeito que teríamos que coidar a igualdade.

Tras a lectura do manifesto, houbo unha actividade participativa na que varios rapaces, aportaron un puñado de terra ás Plantas da Igualdade lendo en alto a aportación que cada un deles fai de maneira individual con respecto a esta loita que é a de todos.

As plantas da Igualdade tamén se repartiron nos centros educativos entre os nenos e nenas de primaria e infantil fomentando unha educación en igualdade desde idades temperás. Aínda que este se considera o acto central que coincide coa propia data de conmemoración do Día da Internacional da muller, dende a Concellería de Muller e Igualdade, deseñaron un amplo programa de actividades que se desenrolarán durante todo o mes e que, na súa maioría, van destinados ás pequenas e pequenos.

ÚLTIMAS

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...