HomePolíticaO PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados do Grupo Provincial Popular, xunto ao alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e concelleiros do PP comprobaron como o mantemento da rede viaria provincial en Pantón “é nulo polo que esiximos a PSOE e BNG unha preocupación real polo estado das estradas da Deputación e que comecen realizando o mantemento da estrada provincial LU-P-4112".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que dificulta a mobilidade dos veciños de Pantón, así como dos turistas que se desprazan polo municipio para acudir aos diferentes puntos turísticos da localidade” como pode ser a Fervenza de Augacaída, unha das máis concorridas da provincia pola súa beleza natural e espectacularidade.

Dende o Grupo Provincial Popular xa se reclamou en numerosas ocasións o mantemento da rede viaria de toda a provincia, así como das estradas da Deputación en Pantón.

“Pedimos que o mantemento se realice coa antelación suficiente ao verán, época na que se achegan máis visitantes, para ter as estradas en perfecto estado”, afirmaron os populares, ao que engaden que “o goberno de José Tomé considera que é mellor seguir a obviar o seu mantemento, mantendo a rede provincial nun estado perigoso”.

Dende o Grupo Provincial Popular recordan que “en desatencións como esta podemos ver como dende o goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo non apoian de forma real e decidida a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade” xa que “é necesario o esforzo conxunto de todas as administracións, así como dos veciños da provincia, para acadar este recoñecemento”. “Se non remamos todos na mesma dirección será moito máis difícil que a Ribeira Sacra logre a distinción que merece”, afirmaron.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...