O Concello vai mellorar a iluminación dos pasos de peóns mais concorridos e que non teñen regulación por semáforos, colocando farolas fronte aos pasos de cebra para que se vexan mellor os peóns e tamén os pasos de peóns, co obxectivo de que os condutores teñan unha maior visualización, tanto dos propios pasos de peóns como da xente que os cruza, para tal fin o Equipo de Goberno vai a colocar 42 farolas novas en 32 pasos de peóns: C. MORÍN-RESIDENCIA- 1, C.CORUÑA-C DR CASARES- 1, C.DR CASARES-CLUB FLUVIAL -2, C.CALVO SOTELO–ESTACIÓN- 2, C. SAN PEDRO-INSTITUTO- 2, CIRCUVALACIÓN- MULTIUSOS- 1, C.CORREDOIRA-CIRCUNVALACIÓN- 2, HOSPITAL- 1, C.CHANTADA-HÓRREO FESPORT- 2, C.CHANTADA-HÓRREO GASOLINERA-1, C.CHANTADA-GADIS- 1, MALECÓN-C.SOCIAL-RESIDENCIA- 1, PONTE NOVA-BREOGÁN-1, C.ORENSE-ASMÉDICA- 2, PINGUELA INSTITUTO- 1, O CONDE-CORREOS- 1, COMPAÑÍA-CRISTAL- 1, COMPAÑÍA-CARRITOS- 1, COMPAÑÍA-JM- 1, PASEO LUGO-PARQUE- 1, C.BENITO VICETTO-SUPERMERCADO DÍA- 1, C BENITO VICETTO VIVENDAS- 1, ENTRADA APARCAMENTO PARQUE CONDES- 1, C.ORENSE-VIV SOCIAIS- 2, C. ROOBERTO BAAMONDE-FRONTE LIBRERÍA CONTOS- 1, C.REBOREDO-CARNICERÍA VÍCTOR MANUEL- 2, C.DR.CASARES-DAVIÑA REI- 1, C.CARUDE-AGORA- 1, C.ORENSE-CERVECERÍA- 1, C.HORTAS-PONTE VELLA- 1, C.ROOBERTO BAAMONDE-INÉS DE CASTRO- 2, C.CHANTADA-LIDL- 2
Onde resulte necesario colocaranse dúas farolas salvo en lugares onde xa haxa unha nun dos laterais do paso de cebra ou nas proximidades, e cando coincida con algunha entrada de edificios ou calquera outro obstáculo, colocárase unha farola soamente.
Ademais da iluminación de farolas especificas para os pasos de peóns tamén serán colocados 3 catadióptricos en cada sentido da marcha en todos os pasos de peóns da cidade, de forma que nos pasos de cebra das rúas de sentido único colocaranse 3 dispositivos reflectantes no sentido da marcha e nas rúas de dobre dirección serán colocados 6 catadióptricos.
Deste xeito os condutores terán o aviso de onde se atopa o paso de peóns sobre todo de noite, reducindo a velocidade e aumentando a súa atención pola advertencia que supón o reflexo das luces de cores nos dispositivos reflectantes. Esta é unha medida novidosa e esperamos que sexa efectiva para aumentar a seguridade dos peóns sobre todo ao escurecer, aumentando a tranquilidade para os condutores, para os peatóns e para o conxunto da cidadanía.
O investimento tanto de farolas como dos catadióptricos vai supoñer un custe moi importante que entre as novas luminarias e os catadióptricos que se coloquen nos pasos de peóns, ascenderán ao redor de 85.000€