HomesociedadeQuiroga presenta a "Feira do Viño con máis atractivo dos últimos anos"

Quiroga presenta a “Feira do Viño con máis atractivo dos últimos anos”

Pablo González cualificou a Quiroga como a “Milla de Ouro” da Ribeira Sacra. “A expansión da Ribeira Sacra, o seu crecemento pasa polos terreos de Quiroga, ninguén apostaría por unha viticultura mecanizada se a calidade non fose igual ou superior á que hai no resto da D. O. Contamos cun terreo, cun clima, cun viñedo e cunha superficie ca que os demais non contan”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na presentación do que será a XLI edición da cita, o rexedor local estivo acompañado do coordinador xeral da comisión organizadora, José Manuel Pol; do coordinador da parte vitivinícola, Pablo González; e de varios representantes das adegas participantes.

O adegueiro Pablo González centrou a importancia da Feira do Viño de Quiroga nos colleiteiros que participaron no seu momento e agora nas adegas “que están punteiras a nivel mundial en elaboración”. González presentou a xornada do venres 7 de abril na que se celebrarán unhas xornadas de viticultura heroica e un túnel do viño. “Nas xornadas de viticultura heroica cun irmandamento entre a viticultura canaria e a da Ribeira Sacra, un embaixador do Cervim falará sobre a viticultura heroica e sobre o concurso mundial máis importante deste tipo de viticultura. No túnel do viño participarán tres adegas canarias invitadas a través do Cabildo Canario”.

O túnel do viño estará atendido por alumnos e formadores da Fundación Belarmino Fernández, a única escola da Ribeira Sacra de formación en cociña, servizos, viticultura e enoloxía. “Tanto as adegas que participan no certame vitivinícola como a organización fixeron fincapé en intentar aglutinar todos os actores que van dende a produción da uva ata o servizo da botella de viño, tanto aquí como a nivel internacional”.

José Manuel Pol encargouse de presentar o programa da feira, que comezará co desfile da Confraría do Viño o domingo día 26 de marzo, a exposición “O Camiño Ilustrado” e o concurso Quiroga de Tapas, entre o 29 de marzo ata o 7 de abril. Tras a xornada dedicada a viticultura heroica o sábado 8 de abril comezará co Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas tras a inauguración da feira polo Vicepresidente 2º e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo Pouso. Actuacións no Auditorio Municipal, pregón a cargo do polifacético Carlos Sobera, presentado por José Manuel Parada e Tania Taboada; concurso de camisetas e música de todos os estilos formarán parte do amplo programa organizado para a XLI edición da Feira do Viño de Quiroga.

José Manuel Pol destacou a participación de once adegas, unhas asentadas en Quiroga (Atrium Vitis, EDV 2015, Fructuoso Hobbs, Lar de Ricobao, Purificación Díaz Ferreiro, Terraza de Outeiro e Val de Quiroga) ou que elaboran o seu viño con uvas de Quiroga (Algueira, Rectoral de Amandi, Ponte da Boga e Alma das Donas), como adega invitada, Corisca da D.O. Rías Baixas.

 

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...