HomesociedadeO Courel e Os Ancares renovan a certificación de Mellor Destino de...

O Courel e Os Ancares renovan a certificación de Mellor Destino de Montaña

A Deputación de Lugo logrou a renovación da certificación de Mellor Destino de Montaña para Os Ancares e O Courel. Unha acreditación que outorgou a firma Observer á institución provincial no ano 2019 pola xeoloxía, botánica e ceos escuros, sen contaminación luminosa, deste territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo valorou o mantemento desta certificación, que enmarcou na aposta da Deputación por potenciar na provincia “un turismo sostible e de calidade, de experiencias, que coida o patrimonio e o medio ambiente, e deixa un gran valor no territorio, tanto en termos económicos como de emprego, o que contribúe a xerar riqueza e, polo tanto, a manter poboación no noso rural”.

Para este certificado, Observer considera que hai varios aspectos importantes cos que cumpre esta zona da provincia de Lugo. Entre eles, destacan o rico patrimonio natural e cultural, os contidos divulgativos -como rutas e guías-, a interactividade, a accesibilidade, un persoal capacitado ou as instalacións.

Observer é unha entidade especializada na identificación e promoción de destinos de turismo científico que conta na actualidade con máis de 400 destinos en toda España, na súa maioría en Galicia.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...