HomesociedadeMonforte celebra o Mercado para a Medieval os días 25 e 26...

Monforte celebra o Mercado para a Medieval os días 25 e 26 de marzo

Este ano 2023, a Feira Medieval alcanza a súa 19ª edición que se celebrará durante a fin de semana do 8 e 9 de abril. Antes da inauguración oficial, no mesmo espazo da Praza de Abastos, o Alcalde ofrecerá ás 11 horas unha rolda de prensa para presentar o programa oficial de actividades da Feira Medieval.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurará o sábado 25 de marzo ás 11 horas o “Mercado para a Medieval” na zona dos mercados da Praza de  Abastos de Monforte, “un certame co que buscamos potenciar e promocionar a Feira Medieval, un evento turístico que trae unha gran afluencia de público e visitantes a Monforte durante a fin de semana da Semana Santa”.

O Mercado para a Medieval é un preludio da Feira Medieval, polo que a súa temática xira arredor da preparación para dita Feira polo que poderemos atopar 16 stands nos que haberá traxes medievais feitos a man para adultos e nenos, bisutería e orfebrería como complementos para estes traxes, cosmética e remedios naturais, peluquería e maquillaxe, decoración de mesas de terrazas para hostaleira e hotelería así como decoración de mesas de comedor e centros florais elaborados por floristerías da cidade así como centros artesanais elaborados con vexetais.

La proxección do vídeo “El Buen Yantar,” dará a coñecer la proposta culinaria dos diferentes restaurantes da cidade para esta Feira.

Este año tamén participarán pastelerías e panaderías locais cunha Exposición de doces, pasteis, biscoitos e tartas inspirados no Medievo e celebrarase o concurso  “A polo mellor doce…”  onde os visitantes poderán votar para elixir o gañador do mellor doce dentre os expostos.

O sábado día 25 organizarase o desfile de Traxes Medievais e Complementos que terá lugar  ás 18:30h. dentro do recinto expositivo do Mercado.

O domingo ofertaranse os Talleres Infantís para os máis pequenos, ás 12:30 taller de animación e ás 17:30 O Carballo con Botas. Os talleres son gratuítos e admítese un máximo de 20 nenos en cada un deles. O mesmo día do Mercado os interesados poden apuntarse aos diferentes talleres dirixíndose ao persoal do stand de recepción.

O horario do Mercado para a Medieval 2023 será o sábado día 25 de marzo de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h a 21:00h. O domingo día 26 de marzo de 11:00h. a 14:00h y de 17:00h  19:00h. Nesta edición o horario do Mercado ampliarase ata a tarde do domingo, ante o éxito de edicións anteriores.

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...