HomesociedadeO Saviñao camiña polo 8M e pon en valor a súa paisaxe

O Saviñao camiña polo 8M e pon en valor a súa paisaxe

O pasado 25 de marzo, 125 persoas camiñaban de Escairón á Praia da Cova para conmemorar o 'Día da Muller'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A andaina que organizou o 25 de marzo o Concello do Saviñao para conmemorar o 8M foi todo un éxito. Un total de 125 persoas participaron na actividade que as levou a percorrer os case 9 quilómetros que unen a Casa do Concello, en Escairón, coa Praia da Cova.

Baixo o lema “Camiñando pola igualdade”, a expedición –ataviada coas camisolas de cor malva– saía ás 11:00 h. de Escairón e chegaba á Praia da Cova pasadas as 13:00 h. No percorrido, que combinou tramos de camiños de terra con pista asfaltada, a parada máis importante foi a do Miradoiro do Cabo do Mundo, lugar no que se aproveitou para sacar unha foto de grupo e de paso poñer en valor este novo enclave turístico do Concello do Saviñao.

Participantes da andaina e ao fondo o coñecido meandro da Cova. Foto: Concello do Saviñao.

As e os participantes formaron un grupo interxeracional moi animado e ao chegar á Praia da Cova fixeron outra foto de grupo para inmortalizar o momento ao tempo que degustaron un aperitivo xentileza do concello. Dende o equipo de goberno comentan que “están moi satisfeitos co resultado e agradecen a participación”.

Foto de grupo na Praia da Cova. Foto: Concello do Saviñao.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...