HomesociedadeParteme reivindícase fronte ao alcalde de Quiroga

Parteme reivindícase fronte ao alcalde de Quiroga

A asociación de veciños de Parteme ten máis de 50 socios colaborativos, algún socio en USA, Alemaña, UK, Francia e outras comunidades autónomas de España, "A nosa única intención é que se nos dé o que lle pertence ao pobo, servizos básicos, polo que seguiremos crecendo e loitando contra os malos tratos e abusos inxustificables aos que nos somete o alcalde de Quiroga."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado día 23 de marzo, veciños de Parteme denunciaron na Garda Civil ao concello de Quiroga, despois de que o día 20 mandara unha cuba de formigón para verter na rúa principal da aldea. A asociación veciñal asegura que “a rúa atopábase en perfectas condicións. Con esa actuación subiuse o nivel do firme moitos centímetros ao non facer fresado para manter o nivel antigo, creando un problema a futuro na entrada de varias casas ao estar o nivel por encima das portas.”

A veciñanza lamenta que non se lles tivera comunicado a realización destas obras e quéixase de que durante 5 días valouse a única entrada á aldea quedando incomunicados os veciños, para o día a día a ante unha situación de emerxencia.

Entrada pechada / AV de Parteme

A asociación veciñal tamén denuncia non saber nada da partida do plan único que lles concedeu a Deputación de Lugo en 2022, “aínda non se executou na rúa que viña proxectado, rúa que se atopa en pésimas condicións. O mesmo coas partidas concedidas polo plan único desde o 2018 ata o 2022 para a limpeza dos camiños. As limpezas dos camiños facémolas os veciños pagándoo do noso peto. O mesmos cos saneamentos e as fosas sépticas que non existen”.

Rúa plan único 2022 / AV Parteme

Nesta situación a asociación ten presentado ducias de escritos ante o concello de Quiroga e outras institucións sen ter ningún tipo de resposta por parte da administración local, administración competente nesta materia e pregúntanse “Que pasará cando a partir do 26 de xuño 2023 a Union Europea poida multar por non tratar as augas residuais e pluviais? Quen pagará esas multas? Onde está o diñeiro que vén de Europa para estas melloras?”.

Augas Residuais / AV Parteme

“Levamos varios anos sendo ninguneados pola alcaldía, presentamos máis de 20 escritos e non contestaron nin ao primeiro ademais de non recibirnos, temos todo isto no valedor do Pobo cunha decena de reclamacións. Fan todo o contrario do que lles pedimos única e exclusivamente por levar a contraria ao pobo e amolar á Asociación de veciños. Así dise que o rural é futuro, prometen axudas ás asociacións de veciños e dinlles que son de vital importancia para o sistema, así é como se invisten os fondos Europeos no Rural e así é como nos menten unha e outra vez dicíndonos que gobernan para o pobo”, conclúe esta asociación veciñal.

Novo firme en Parteme / AV Parteme

ÚLTIMAS

Monforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos de peóns

A Xunta de Goberno Local do pasado 29 de decembro aprobou a adxudicación de...

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...

A xornalista e comunicadora feminista Cristina Fallarás, o sábado 17 en Chantada

A asociación 'Polamiúda' de Chantada organiza o vindeiro 17 de xaneiro unha interesante charla...