HomesociedadeCampamento infantil de Semana Santa en Sarria

Campamento infantil de Semana Santa en Sarria

O Concello de Sarria organiza esta actividade para os días 3, 4, 5 e 10 de abril. Cómpre anotarse na Biblioteca Pública Camilo Gonsar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Semana Santa xa está enriba e con ela as vacacións para a cativada. Pensando na conciliación para os días non festivos, o Concello de Sarria organiza un ‘Campamento infantil’ que se desenvolverá na Casa da Cultura e que estará orientado a nenas e nenos de Infantil e Primaria.

Os días nos que se poderán deixar aos pequenos e pequenas son o 3, 4, 5 e 10 de abril, sendo o horario de 7:30 a 9:00 h. como posible ‘grupo de madrugadores’ –se hai demanda e se xunta xente– e de 9:00 a 14:00 h. Durante ese tempo haberá actividades variadas e adaptadas para eles co obxectivo de que teñen un lecer activo e moi entretido.

As inscricións deberán facerse na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar este xoves 30, entre as 9:30 e as 13:30 h. pola mañá e das 1630 ás 19:00 h. en horario de tarde; e tamén o venres 31 sendo neste caso o horario de 9:30 a 13:30 h. Anotarse é totalmente gratuíto.

ÚLTIMAS

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...

Chantada presenta o cartel da súa XLIII Feira do Viño

O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que...

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...