HomesociedadeVisitas guiadas e experiencias vitivinícolas en Vilachá na Semana Santa da Pobra...

Visitas guiadas e experiencias vitivinícolas en Vilachá na Semana Santa da Pobra do Brollón

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do sábado 1 ao domingo 9 de abril, ofrécense dúas visitas guiadas a elixir, que se poden combinar con dúas ‘experiencias vitivinícolas’ en diferentes puntos da parroquia de Vilachá de Salvadur. Dentro do programa de visitas guiadas, totalmente gratuítas, ofrécese unha ao xacemento arqueolóxico dos Conventos. Aquí, no marco do proxecto Adegas da Memoria, realizouse a primeira datación por Carbono-14 para saber con exactitude científica as orixes das terrazas vinícolas da ribeira.

A outra visita guiada é un ‘paseo entre pataos’, entre as viñas da ribeira do Eivedo, onde os visitantes poderán coñecer a viticultura tradicional, a historia da Ribeira Sacra e lendas da zona.

Experiencias de viño da man de veciños

As visitas son combinables con unha, ou dúas, experiencias vitivinícolas. As experiencias de viño teñen un custo de tres euros por persoa, que inclúe unha cata de viño. Por un lado, coincidindo co comezo da tempada de furanchos, a experiencia do Furancho O Currio, o primeiro local deste tipo da Ribeira Sacra. Consiste nun paseo pola aldea de Trasmonte que acaba cun viño de Pedro na súa adega furancho. Ademais este furancho abrirá de abril a xuño coa opción de prórroga de xullo, polo que durante a Semana Santa xa estará aberto, quedando inaugurado nesta tarde de venres.

Por outro lado, a experiencia Val do Frade, unha adega que fai viños con D.O. Ribeira Sacra, no propio conxunto de adegas tradicionais da Abelaira, en Vilachá. Xunto coa adegueira Puri, os visitantes poden dar un paseo polas adegas e adentrarse nunha delas para probar o viño. Tanto para as visitas guiadas como para as experiencias de viño, é preciso un mínimo de 5 persoas. Para máis información e reservas, hai que contactar por chamada ou WhatsApp no teléfono 650 624 828.

ÚLTIMAS

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística...

Quiroga celebra este 25 de outubro o QuiMedo con 8 casas do terror

A cita do terror pechou o prazo de inscricións unha vez se acadaron os 1.200...