Homesociedade13 postos de traballo feminino creáronse no sur da provincia no 2022...

13 postos de traballo feminino creáronse no sur da provincia no 2022 co programa Emega da Xunta

Os 13 postos de traballo corresponden a 9 iniciativas empresariais femininas, máis catro por conta allea. Monforte de Lemos suma catro negocios beneficiarios; O Courel dous; e Chantada, O Saviñao e Sober un cada un. No conxunto da provincia, a Xunta apoia 57 iniciativas empresariais de mulleres con achegas que suman 709.000 euros e chegan a 28 concellos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade apoiou o ano pasado na Zona Sur da provincia de Lugo nove iniciativas empresariais constituídas por mulleres a través do programa Emega de emprendemento feminino. As achegas suman 114.000 euros e chegan a cinco concellos da zona.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explica que a convocatoria de 2022 axudou a crear ou consolidar 13 postos de traballo femininos nestes municipios, nove por conta propia e catro por conta allea. Do total, nove son de nova creación e catro son empregos que se manteñen.

Os proxectos na Zona Sur abranguen ámbitos moi diversos, como atención a persoas dependentes, comercio -dúas librerías, unha zapatería e unha florería -, un centro de estética, dous aloxamentos turísticos e un negocio de formación no eido turístico, entre outros.

Programa Emega

O programa Emega comprende incentivos para favorecer a posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres. Tamén medidas complementarias para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos.

Está formado por catro liñas: Emprende, con incentivos para a posta en marcha de novas empresas por parte de mulleres desempregadas e a creación de emprego estable por conta propia e allea; Activa, para favorecer a reactivación e consolidación de proxectos empresariais; ITEF, que pon o foco no apoio a iniciativas empresariais con carácter innovador, con contido científico ou de base tecnolóxica; e a liña Concilia, complementaria das tres anteriores, para axudar tanto ás mulleres promotoras como as traballadoras ao seu cargo na súa conciliación.

ÚLTIMAS

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

José Tomé Roca revalida a Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo

Tomé Roca logrou 801 votos fronte aos 585 obtidos por Iván Castro, Deputado Provincial...

Case mil persoas participaron este domingo na XV Carreira Popular Concello de Monforte

O número de inscritos na XV edición da Carreira Popular de Monforte de Lemos,...